jueves, 19 de diciembre de 2019

Tríptico Recomendacións Lectoras Nadal


Coa chegada deste primeiro merecido descanso de Nadal, dende o equipo de biblioteca queremos deixarvos unhas recomendacións lectoras para todas as idades e tamén para as familias.

Xa sabedes que a lectura é maxia e permite descubrir, viaxar, voar... ao mundo que nós queiramos, mergulládevos nos libros en soidade, en grupo, en familia... cada experiencia será única.

Se faces clic no seguinte enlace accederedes ás recomendacións.

domingo, 15 de diciembre de 2019

Nadal de Igualdade


UN NADAL DE IGUALDADE

Chegamos ao fin do primeiro trimestre e celebramos desta volta un nadal moi especial, xa que, seguindo o noso proxecto a prol da igualdade e xénero (MIS+) o noso alumnado decorou o centro con motivos navideños moi diferentes aos habituais.

Esta decoración ten como obxectivo visibilizar as mulleres en todos os ámbitos da súa vida, recoñecer a súa labor nos diferentes campos e valorar en igualdade de condicións a homes e mulleres.


Lazos árbore Nadal, adicados a mulleres destacadas na historia.


Bolas árbore nadal con imaxes adicadas ás mulleres da vida do alumando.


Árbore colectivo elaborado coas letras do abecedario, cada unha delas correspondente a inicial do nome dunha muller relevante, arrodeado de palabras coeducativas seleccionadas polo alumnado. 

BO NADAL!!


miércoles, 4 de diciembre de 2019

Mulleres Deportistas


VISITAS DEPORTISTAS GALEGAS

Ao longo desta semana como ben sabedes recibimos a visita de diferetnes mulleres deportistas: Susú Corés, Vanessa Rial, Elsa Porto, Teresa Martínez, Cristina Cao e Pilar Neira. 

Ao seu carón coñecemos a súa traxectoria persoal e deportiva e sobre todo aprendemos sobre equidade no deporte.

Hoxe, no blogue de biblioteca facemos mención ao voso traballo previo a súas visitas, a vosa investigación e o modo de visibilizar a figura destas mulleres como agradecemento.

O noso museo está a quedar moi profesional. Noraboa!










domingo, 1 de diciembre de 2019

Matriarcas



CELEBRANDO O DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Tras a celebración do día en contra da violencia de xénero na nosa escola, seguimos a traballar na sensibilización ao respecto.

Así, seguindo con noso proxecto MIS+ elaboramos un mural colaborativo inspirado na obra de Guadi Galego, Matriarcas.