sábado, 4 de junio de 2016

"O regato do Cepelo" de Manuel María. Actores: Alumnos de 4º de E:P:

Durante estes días estiveron no colexio representando unha obriña de Manuel María os rapaces de 4º. Titúlase " O regato do Cepelo" no que se denuncia e combate a destrucción da Natureza para dar paso a novas construccións. Unha pequena confrontación entre o alcalde, o pobo , os animais e as constructoras.
Ao final sae gañando a Natureza.
Bravo polos rapaces de 4º!
Bravo pola súa directora de teatro!
Bravo por Manuel María!...que nos lembra que a Natureza é unha das mellores cousas que temos e que debemos conservar.
Aquí deixamos constancia do ben que o fixeron estes rapaces convertidos todos nuns grandes actores e actrices. Parabens a todos!

O Regato do Cepelo 4º from efsadaycontornos on Vimeo.

martes, 24 de mayo de 2016

9 de Xuño. 2º Encontro de Educación infantil dos Centros de Ensino Público do Concello de Sada.

Cada vez cun neno ou nena aprende a ler e a escribir, un UNICORNIO nace na illa Fantasía e levará para sempre o seu nome.



domingo, 24 de abril de 2016

Onte foi o Día do Libro, onte en moitos lugares léronse poemas de Manuel María.

O pobo galego ten que ser o protagonista da reposición e normalización do seu idioma en todos os espazos e lugares e para todos os usos, activándose os 365 días dos ano.
O Día do libro quixo homenaxear a Manuel María a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

“A fala”. Manuel María

“A fala”
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a língua
se queremos vencer!

23 de Abril. Día do libro.



Sada celebra o Día do Libro con 

identificadores e actividades de lectura na rúa.

sábado, 27 de febrero de 2016

Os rapaces de 5º escriben e ilustran contos para o Kamishibai. Parabens rapaces!

Despois imos contarllelos aos rapaces de Educación infantil e 1º Ciclo. Tamén decidimos convertirnos en Editorial. Chámase Editorial L,L,SL.

miércoles, 24 de febrero de 2016

24 de Febreiro, Día de Rosalía de Castro.

Facendo postais adicadas a Rosalía e á nosa lingua.De paso, unhas verbas agarimosas para nosa familia.

domingo, 17 de enero de 2016

Xornada electoral 2ª Volta e a mascota chámase ...Lecturitas!

Reconto de votos. Votación E. Infantil Votación 1ºCiclo Votación 2º Ciclo Votación 3ºCiclo

viernes, 15 de enero de 2016

Xornada electoral 2ª Volta.Hoxe, despois do recreo.

Presidindo a mesa dous rapaces de 5º, Walda e Sofía,  e dous de 6º Lúa e Hugo repetiremos a votación para elexir o nome da nosa mascota. Nesta ocasión decidiremos entre LECTURITAS o BONGONGO.Votarán todos os membros da Comunidade Educativa do Colexio.
Xa está todo listo.Hoxe coñeceremos , por fin, como se chama a nosa mascota.




Feliz Ano Novo a todos.

Dende a Biblioteca os desexamos un ano novo 2016 moi lector.