viernes, 9 de enero de 2015

Entrevista con Ernesto Anido




O pasado 28 de novembro, o alcalde de Sada, Ernesto Anido veu ao noso cole para falar connosco. Isto foi o que nos contou:



 ALUMNO:Para ser alcalde hai que saber ler e escribir?
 E. ANIDO: A lei non o esixe pero é importante.
ALUMNO:Que usas para escribir: lápis, boli ou pluma?
 E. ANIDO:Normalmente uso bolígrafo ou lápis se teño que borrar. A pluma non, porque é mais complicado.
ALUMNO: Cal era teu libro favorito de pequeno?
E. ANIDO: O primeiro que recordo é " Relatos dun náufrago" e tamén "memorias dun neno labrego" e " El príncipe destronado".
ALUMNO:Que estás a ler agora?
 E. ANIDO: Teño na mesiña de noite un libro titulado "O saqueo de España"
 ALUMNO: Que é o que nunca falta no teu escritorio?
E. ANIDO: Teño sempre un lápis, un bolígrafo, a foto da miña filla e, no caixón, algún carameliño. ALUMNO: Como é a túa sinatura?
 E. ANIDO: Pois é un garabato que di "Anido".
 ALUMNO: Cal é a túa frase preferida?
 E. ANIDO: "Fai ben e non mires a quen".
ALUMNO: Cando ts que dar un discurso, tes medo?
 E. ANIDO: Medo non, pero sinto moito respeto polas persoas que me van oír e estou nervioso. ALUMNO: Que tiveches que facer para ser alcalde?
E. ANIDO: Tiven que convencer a moita xente de que o faría ben.


Entrevista recollida e redactada polo alumnado de 6º de primaria.

Neste acto fíxose entrega dos libros que acadaron tódolos cursos por participar na actividade
 " SE BUSCA" e  en especial.a dúas alumnas de 5º por seren as primeiras en contestar a o formulario referente a actividade neste blogue.

No hay comentarios:

Publicar un comentario