▼
viernes, 31 de mayo de 2013
Que me contas? Os 3 porquiños
Hoxe gozamos coa representación que David, Adrián, Nicolás, Elías, Joel, Pablo e Alba S. fixeron dun conto clásico: Os 3 porquiños.
sábado, 25 de mayo de 2013
Que me contas? La ardilla miedosa
J. Ángel, Iria, Álison e Vicky compartiron con nós unha lectura moi entretenida, La ardilla miedosa.
jueves, 16 de mayo de 2013
Conmemoración do Centenario da Sociedade Sada y sus Contornos
Hoxe celebramos na Casa da Cultura o centenario da fundación da Sociedade Sada y sus Contornos, toda a comunidade educativa do noso centro gozou cun emotivo acto no que quixemos recordar a todas aquelas persoas que co seu esforzo, dedicación e altruismo fixeron posible a creación da nosa Escola.
1 Centenario Sada y Contornos from Sada y sus Contornos on Vimeo.
3 Sada y sus C Roi 2 from Sada y sus Contornos on Vimeo.
Poema Nova Estrela ilustrado e recitado polos nosos/as nenos/as.
1 Centenario Sada y Contornos from Sada y sus Contornos on Vimeo.
3 Sada y sus C Roi 2 from Sada y sus Contornos on Vimeo.
Poema Nova Estrela ilustrado e recitado polos nosos/as nenos/as.
miércoles, 15 de mayo de 2013
Sada y sus Contornos
Aquí tedes dous traballos realizados polos nenos/as de 5º e 6º sobre la Sociedad Sada y sus Contornos.
Sada y sus Contornos. Quinto de primaria.
Sada y sus Contornos. Sexto de primaria.
sábado, 11 de mayo de 2013
Manuel Lugrís Freire ilustrado polos nenos/as do noso colexio.
Para conmemorar o 150 Aniversario do nacemento de Manuel Lugrís Freire os nenos/as do cole ilustraron algúns dos poemas que aparecen no libro As Mariñas de Sada, Homenaxe á Sociedade Sada y sus Contornos.
LIM sobre o Centenario da Sociedade Sada y sus Contornos
Como xa sabedes este ano celebramos o Centenario da creación da Sociedade Sada y sus Contornos. A mellor maneira de homenaxear a aqueles sadenses e contando a súa historia para que o paso do tempo non a deixe no olvido.Vai por eles. A mestra Luisa elaborou o LIM "Historia da Escola Sada y sus Contornos" para que todos e todas podamos coñecer un pouco mellor a nosa historia. Facede clic na imaxe para acceder ao LIM.
Encontro cun ilustrador: Carlos Silvar.
Carlos Silvar é un dos mellores ilustradores que temos en Galicia. O venres veu ao noso colexio a presentarnos o seu último libro: O Carballo. Mostrounos as ilustracións do libro e foinos contando os segredos da árbore máis maxestuosa e lonxeva da nosa terra. Algúns exemplares mesmo chegan aos 900 anos.
Aprendimos moitas cousas sobre a importancia que ten preservar estas árbores e os bosques que forman: as fragas.
Ao remate fíxonos unha bonita dedicatoria no libro que temos no rincón Voz Natura da biblioteca do noso colexio.
Ao remate fíxonos unha bonita dedicatoria no libro que temos no rincón Voz Natura da biblioteca do noso colexio.
martes, 7 de mayo de 2013
Completa o teu álbum de cromos.
Se non completache o álbum de cromos de Voz Natura, en maio podes facelo. Ven á biblioteca: leva un libro e escolle un cromo dos que che falten.
sábado, 4 de mayo de 2013
Que me contas? Hombre de color
Emely, Letizia e Andre leron e representaron o conto Hombre de color co que aprendemos que todos somos homes e mulleres de cor.
jueves, 2 de mayo de 2013
Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño.
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2013 a Roberto Vidal Bolaño, autor, director, actor e escenógrafo, entre outras mil actividades que levou a cabo; home de referencia para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral.
Aquí tedes unha selección de enlaces para acercar a súa figura a todos os nenos/as.
Seminario Galán Bibliotecas Escolares
Meu o mundo é (Karaoke)