jueves, 25 de abril de 2013

365 bicos

Cada día un bico.
Esta o bico do tiranosauro, un bico na neve, o bico de Carapuchiña vermella, o bico da balea... Un montón de bicos. Bicos de todo tipo... Un bico para cada día do ano.


É un libro precioso, moi visual e de grandes dimensións. Cada dobre páxina está dedicada a un mes do ano, e nela todo un despregamento de animais e personaxes danse bicos por parellas. Basicamente trátase de 26 páxinas nas que se ven 365 bicos debuxados: de animais, de persoas, no mar, na granxa, na cidade. Todos se bican!
Unha proposta que traballa a educación emocional e afectiva dos máis pequenos animándoos a expresar o afecto polos demais e ao mesmo tempo ser capaces de recibilo.

 



Título: 365 Bicos
Escritor: Kimiko
Ilustrador: Kimiko
Tradutor: Rafael Ros Sierra
Editorial: Corimbo
Cidade: Sant Joan Despí (Barcelona)
Ano: 2011
N.º páx.: 24
ISBN: 978-84-8470-433-1
Álbum
A partir de dous anos

No hay comentarios:

Publicar un comentario