viernes, 8 de marzo de 2013

Día Internacional da Muller: 8 de Marzo.

O 8 de marzo celebramos o Día Internacional das Mulleres, este día converteuse nunha xornada de reflexión sobro o longo camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos, aínda que queda moito para conseguir a tan ansiada igualdade.
Coa actividade A miña muller especial o CEIP Sada y sus Contornos quere recoñecer a importancia que as mulleres teñen na vida do noso alumnado.


Aquí tedes algunhas recomendacións:

A Voda dos ratos. + de 3 anos.
—Non vas casar cun rato negro, 
feo e fraco coma un fiúncho.
Ti tes que casar co máis forte do planeta, 
e ese non o é –dixo sinalando cara ao rato.
Desta forma irada reacciona o emperador dos ratos da Cochinchina cando a súa filla, unha preciosa rata branca coma a neve, se presenta da man dun rato gris escuro case negro. Convencido de que o que ten ante el dista moito da súa esixencia, ofrécelle a man da súa pequena ao Sol.

Margarita del Mazo & Lisa Kaser
ISBN: 978-84-9871-373-2
40 páxs. / Cartoné
Editorial: OQO.


¿Quen traballa na casa? + de 6 anos. Dispoñible na biblioteca.
Xacinto e Pablo (pai e fillo respectivamente), non axudan a nada na casa. Mentres, Rosa non para de traballar. Ata que, un día, ela decide marcha soa a Eivissa e a eles non lles queda outra que aplicarse.
Libro en pdf

Ricardo Alcántara
ISBN: 9788426350299
48 páxs. / Tapa dura
Editoral: EDELVIVES


El autobús de Rosa. + de 9 anos.

O autobús que cambiou o rumbo da historia...


1 de decembro de 1955, Alabama, Estados Unidos. Como cada mañá Rosa Parks, volvía á casa despois da súa xornada de traballo. Cando tomou asento o condutor pediu os pasaxeiros de raza negra que levantaran e deixasen libres os asentos que ocuparan para que se sentasen os pasaxeiros de raza branca. Tres persoas de raza negra erguéronse, pero nese momento Rosa permaneceu impasible e negouse a ceder o seu asento. A súa negativa levaríaa ao cárcere por desorde pública.

Anos máis tarde visitando o Henry Ford Museum un avó octoxenario conta esta historia ao seu neto movido quizais polo remordemento de non ter actuado o do mesmo xeito aquela mañá na que cedeu o seu asento a un branco, no autobús de rosa e tamén para que recorde esa escura etapa da historia do seu país.


Fabrizio Silei e Maurizio A.C. Quarello
ISBN: 978-84-15208-09-9
40 páxs. Cartoné
Editorial: Barbara Fiore Editora.

Guía de lectura Ser mujer do Club Kirico


No hay comentarios:

Publicar un comentario