Neste libro de Calros Silvar, o Carballo cóntanos como é a súa vida
e as relacións cos demais seres vivos do seu ecosistema, con quen se
leva mellor e quen o amola. Tamén nos recorda o importante que foi
e é para as persoas, e como estas son na actualidade o seu maior inimigo.
Alerta dos perigos que o axexan no presente e fai unha chamada para
procurar a súa defensa como un piar básico da conservación da natureza.
Finalmente, achegándose ao terreo cultural, explica os usos que as persoas fixeron deles e a importancia que en determinados aspectos tiveron para a evolución de moitos pobos e a súa pegada na cultura popular.
Convén salientar tamén, e de forma moi especial, o magnífico traballo de ilustración do seu autor, poñendo en evidencia o alto nivel da ilustración da natureza no noso país, onde Calros Silvar destaca por méritos propios.
Calros Silvar é integrante da Fundación Fragas do Mandeo e neste curso agasallounos cos magníficos cromos que ilustran o álbum "Custodiamos a biodiversidade da natureza de As Mariñas" dentro do proxecto Voz Natura no que participa o noso centro.
O Carballo é un libro para ver, ler e compartir.
Podedesde velo no ricón de Voz Natura da biblioteca.
Edita Bahía Edicións
No hay comentarios:
Publicar un comentario