▼
jueves, 28 de febrero de 2013
Voz Natura: O bosque autóctono.
A partir de mañana podedes conseguir os cromos correspondentes ao ecosistema do mes de marzo: o bosque autóctono. No recuncho de Voz Natura da biblioteca tedes libros, contos e materiais relacionados con este tema.
domingo, 24 de febrero de 2013
24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro
O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía en conmemoración do nacemento da gran poetisa galega. Aquí tedes uns enlaces para coñecer un pouco máis da súa figura.
Este libro o tedes na biblioteca
Adiós ríos, adiós fontes cantado por Amancio Prada
Fundación Rosalía de Castro
Día de Rosalía Rosalía de Castro en Wikipedia
viernes, 22 de febrero de 2013
Que me contas? Bebé pato.
Inés, Hugo e Claudia representaron na biblioteca do cole o conto Bebé pato e todos os asistentes gozaron dunha actuación xenial. Parabéns polo voso esforzo e entusiasmo.
miércoles, 20 de febrero de 2013
Que me contas ? Bebé Pato
Este venres Claudia, Hugo e Inés lerán o conto "Bebé pato". Esperámosvos a todos e todas na biblioteca para gozar coa súa lectura.
domingo, 17 de febrero de 2013
150 aniversario de Manuel Lugrís Freire.
Partida de bautismo de Lugrís (tomada da páxina da A.C. Irmáns Suárez Picallo)
- Biografía de Manuel Lugrís Freire. Encontraredes moita información.
- Espazo dedicado a Manuel Lugrís Freire na Real Academia Galega. Biografía, obra e ligazóns.
- Manuel Lugrís Freire. Vídeo Letras Galegas 2006.
4. Manuel Lugrís e as Mariñas de Sada. Libro de Miguel Gayoso. Aquí podedes acceder aos poemas facendo clic no seu nome:
6. O discurso de Lugrís Freire en Betanzos o 6 de outubro de 1907. Primeiro mitin político do que se ten constancia que se pronunciara integramente en lingua galega.
Aquí tedes outras pequenas obras de Lugrís Freire relacionadas con Sada.
sábado, 16 de febrero de 2013
Chiquita namórase.
Estas son as fotos do conto que Lucía, Natalia, Eduarda, María e Sabela leron o venres. Parabéns a todas.
jueves, 14 de febrero de 2013
Que me contas? Chiquita namórase.
Este venres Lucía (2º), Sabela, María, Natalia y Eduarda (todas de 3º) compartirán con nós o conto Chiquita namórase, título moi apropiado para as datas nas que nos encontramos.
miércoles, 13 de febrero de 2013
sábado, 9 de febrero de 2013
Recursos creativos.
Preséntavos unha serie de ferramentas e enlaces para que os nenos e nenas creen contos, historias, comics, poesías... Facede clic nas imaxes e coñeceredes en que consisten.
lunes, 4 de febrero de 2013
Poemas Día da Paz
Aquí tedes os dous poemas que os nenos de 5º e 6º recitaron o 30 de xaneiro para conmemorar o Día da Paz.
sábado, 2 de febrero de 2013
4 de febreiro, Día Mundial contra o Cancro: Mamá vaise á guerra.
A guerra máis dura é a que temos que librar contra nós memos, contra os nosos medos, as nosas inquietudes ou contra o noso corpo.
Unha enfermidade innombrable: o cancro.
Unha mamá que quere explicar aos seus fillos o que lle sucede e como cambiarán as súas vidas nos meses seguintes.
Unha raiña que inicia unha longa guerra con moitas batallas e que ten un exército de aliados que loitará sen condicións ao seu lado. Un conto sobre a vida mesma.
Un relato que somerxerá nenos e adultos en interesantes aventuras a través do corpo humano. Unha historia cargada de positivismo que axudará a pais, médicos e educadores a transmitir aos máis pequenos valores como a coraxe, a solidariedade e a esperanza.
Baseada nun caso real, "Mamá vaise á guerra" é un contro nacido do corazón e do amor, que con tenrura e sentido do humor achegará luz a moitas persoas.
Open publication - Free publishing - More cancer
Ilustradora: Mónica Carretero
ISBN: 978-84-15503-16-3
Páxinas: 24
Papel: FSC
Cuberta: Tapa dura
Dimensións: 21 x 26 cm
Idioma: Castelán
Detalles do libro:
Título en castelán: Mamá se va a la guerra.
Autora: Irene Aparici MartínIlustradora: Mónica Carretero
ISBN: 978-84-15503-16-3
Páxinas: 24
Papel: FSC
Cuberta: Tapa dura
Dimensións: 21 x 26 cm
Idioma: Castelán
Expresión escrita
Neste apartado encontraredes os textos sobre excursións, actividades do colexio, traballos de clase, etc...
Os Obxectivos do Milenio: Realizados polos nenos/as de 3º ciclo
Para mellorar Sada. Atención Educativa de 6º
Os Obxectivos do Milenio: Realizados polos nenos/as de 3º ciclo
Traballos realizados polos nenos/as de 5º
Alumnos de 2º
A Mirada de 1º (2011-2012)
viernes, 1 de febrero de 2013
Que me contas? El congreso de los ratones
Hoxe na biblioteca do colexio, grazas a Adriana e Mar, gozamos coa lectura e as imaxes do conto El Congreso de los ratones.