miércoles, 30 de enero de 2013

Día da Paz

Hoxe na celebración do Día Da Paz os nenos/as de 3º ciclo realizaron unhas magníficas actuacións. Aquí tedes o vídeo de Sólo tres letras.

Recuncho literario

Neste recuncho poderedes ver os contos, poesías, historias, etc... creadas polos vosos compañeiros/as. Animarvos e entre todos e todas crearemos un lugar máxico.
A ALIANZA DOS CORZOS E OS LOBOS NO BOSQUE AUTÓCTONO.
ALUMNOS DE 3º E 4º.


YO NO CONOCÍA LOS LENGÜETAZOS. UXÍA 6º



CIUDAD NUEVA, AMIGOS NUEVOS. UXÍA 6º




lunes, 28 de enero de 2013

Que me contas? O congreso dos ratos

Adriana e Mar de 5º lerannos O congreso dos ratos, un conto que nos demostra que as palabras sen feitos non serven.

sábado, 26 de enero de 2013

Que me contas? O pequeno Yared. Lectura

Aquí tedes as fotos da lectura de Javier, Antón e Lúa. Parabéns. 

jueves, 24 de enero de 2013

Que me contas? O pequeno Yared.

Este venres Antón, Javier e Lúa contarannos O pequeno Yared. Esperámosvos!


miércoles, 23 de enero de 2013

Recomendacións nenos/as de 2º ciclo.

Uffffffffff, tanto leron os nenos e nenas de 2º ciclo que encheron o seu apartado de recomendacións. Picade na imaxe de abaixo e botarlle unha ollada que seguro que vos darán ideas para o próximo día que vaiades á biblioteca.
Seguir lendo e non se vos esqueza recomendar os libros que máis vos gusten no novo bloque de recomendacións.


sábado, 19 de enero de 2013

Que me contas?

Que me contas?  Este o título da nova actividade que comezamos na nosa  biblioteca, Nela todos e venres poderemos gozar dun conto. Alba, Uxía, J. Ángel e Iria compartiron con nós Carapuchiña Vermella. Parabéns polo ben que o fixeron.

viernes, 18 de enero de 2013

La escuela secreta de Nasreen

En Afganistán, dende a chegada dos talibáns, as nenas tiñan prohibido ir á escola, e as mulleres tiñan prohibido saír da súa casa sen ir acompañadas por un home da súa familia.
Esta é a historia real dunha nena chamada Nasreen. A raiz da desaparición dos seus pais Nasreen deixa de falar e a súa avoa decide levala a unha escola secreta. Grazas a ela, Nasreendescubrirá novos horizontes e compartirá as súas experiencias con outras nenas.

A pequena Nasreen leva o medo pintado no rostro. Tivo que vivir moi malas experiencias á súa curta idade e nada a fai feliz. Nunca sorrí, sempre está triste e taciturna. Os seus pais desapareceron, vítimas da barbarie dos gobernantes do seu país. E á súa avoa, para solucionalo, ocórreselle algo, que pode ser moi perigoso, pero que para a nena é a salvación: lévaa a unha escola de nenas. Non é unha escola normal, senón clandestina, porque onde vive Nasreen, as nenas non poden ir á escola. Grazas á aprendizaxe, "as ventás do mundo abríronse por fin" e Nasreen descubriu que había outra vida máis alá de á cal os talibáns a estaban a obrigar a vivir. 



En Occidente, que os nenos e nenas vaian ao colexio en igualdade de condicións é algo tan normal que ninguén lle pon atención, nin os propios alumnos, que, ás veces, se despistan e pensan que aprender é unha imposición dos seus maiores, pais e profesorado; pois ben, grazas a Nasreen talvez descubran que teñen moita sorte de poder ir a clase todos os días sen esconderse e sen temer polas súas vidas. E de paso aprenderán algo máis importante: ninguén pode impoñer á forza as súas ideas nin as súas leis.
  • La Escuela secreta de Nasreen. Una historia real de Afganistán.
  • Jeanette Winter.
  • ISBN: 978-84-261-3808-8.
  • Editorial  Juventud.
  • 48 páxinas.

lunes, 14 de enero de 2013

Elmer

Queremos recomendarvos a lectura dun libro que temos na nosa biblioteca e que se titula Elmer.

Elmer é membro dunha manda de elefante de todo tipo: novos, vellos, altos, gordos ou delgados, pero todos eles de cor elefante. Elmer, en cambio, é amarelo, e alaranxado, e vermello, e rosado, e morado, e azul, e verde, e negro e brando. Elmer é diferente, e é único.

Elmer é moi divertido. Os seus compañeiros rin con el, per cre que se rin del por ser diferente. ë por isto polo que decide irse lonxe do grupo.


Cando consegue ter a cor gris, despois de fregarse cos froitos dunha árbore desta cor, decide regresar. Ao chegar comproba que a manda está máis seria e aburrida que nunce. Para saber como consegue facelos rir de novo terás queler o libro...                          Este libro gusta polos valores que transmite: amizade, autoestima, bondade, humor, alegría, optimismo e sobre todo a tolerancia e o respecto a ser diferente. Todos iguais pero todos distintos.                                                                                                                                                                                   
                                                                                                                                                                                                                                            
  





Voz Natura: En xaneiro: Os ríos e o bosque de ribeira.

Voz Natura: En xaneiro: Os ríos e o bosque de ribeira.: Durante o mes de xaneiro, no recuncho de Voz Natura da biblioteca, atoparedes o panel do hábitat dos ríos e o bosque de ribeira. Cada vez que leves un libro da biblioteca para ler, daranche un dos seis cromos deste hábitat. Seguro que os coleccionades todos. Tedes libro relacionadas con este hábitat e coa natureza no recuncho de Voz Natura.